Moito ollo se recibes un correo electrónico da Policía, podería ser fraudulento.
Así o relata Inés Amor, voceira da Policía Nacional en Galicia, alertando de que os cibercalotes empregan a imaxe da Policía Nacional para distribuir malware mediante correo electrónico.
A Unidade Central de Ciberdelincuenta da Policía Nacional detectou que se están a enviar de xeito masivo correos electrónicos suplantando a identidade da Policía. Estes tratan dunha notificación para acudir á oficina de denuncias e comparecer por un roubo. En canto se fai click na ligazón que contén ese correo electrónico para pedir cita, ábrese un arquivo zip executable que infecta directamente o dispositivo electrónico.
Inés Amor, que acude ao programa A Revista, da TVG, para poñer en coñecemento da cidadanía este novo intento de ciberestafa, indica que é algo habitual neste tipo de ciberestafas que a ortografía do correo electrónico recibido non sexa correcta, ou empregue termos non habituais da Policía. Por elo, é moi importante ler ben calquer tipo de correo sospeitoso antes de facer click en ningún sitio. Ademáis, fai saber que a Policía nunca citaría a ningún cidadán por correo electrónico, e menos tratándose de alguén que supostamente está sendo investigado por un roubo ou calquera outro delito.
O fin deste novo intento de ciberestafa a través da execución directa dun malware é conseguir acceso a todos os datos do dispositivo electrónico: bancarios, persoais... ben para suplantar a identidade da vítima ou poder vender os seus datos na dark web (web oscura).
Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 28:55.