#CiberseguridadeTVG - Marcus Fernández

Imaxe

Por motivos de seguridade, prohibiuse aos empregados públicos de Estados Unidos o uso da rede social TikTok. 

Como aclarou Marcus durante a entrevista para o progama "A Revista" da TVG, isto débese a que a aplicación, propiedade da empresa chinesa ByteDanceLtd, inclúe códigos de rastrexo, polo que se considera inadmisible un risco de espionaxe a este tipo de empregados.

No caso da Unión Europea, Marcus explica que actualmente hai aberta unha investigación por parte da Comisión Europea para determinar a posible prohibición de TikTok a nivel Europeo, tamén por motivos de seguridade, xa que os propios donos da rede social recoñeceron que os datos europeos poden ser consultados dende China. O medo radica nunha posible obriga por parte do goberno chinés aos donos da aplicación, de darlle acceso aos datos de usuarios de todo o mundo.

Ademais desta noticia, durante a entrevista informouse do intento de estafa ao conselleiro delegado de Nova Pescanova, a quen, a través dun correo electrónico a altas horas da madrugada, solicitáronselle datos para formalizar unha subida de soldo. A mensaxe incluía un arquivo adxunto que debía descargar, poñer o seu salario, asinar e volver a reenviar. 

Marcus afirmou que sempre se deben ter as mesmas precaucións ante este tipo de estafas: desconfiar de calquera ligazón descoñecida e ter a certeza de que unha entidade oficial nunca solicitará contrasinais ou datos bancarios a través dunha mensaxe. 

Para rematar, Marcus falou do ransomware, un tipo de ciberataque moi común e padecido xa por varias empresas e hospitais. 

Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 51:05.