#CiberseguridadeTVG – Ruth García

Imaxe

Existe unha nova ciberestafa no día a día, os ciberdelincuentes realizan chamadas falsas facéndose pasar por axentes de banco. Ruth García, técnica en ciberseguridade do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), comenta que a nova metodoloxía de estafa caracterízase porque a chamada aparece no dispositivo móbil como un número real do banco a que suplantan.

Así mesmo, a técnica en ciberseguridade, explica que os estafadores instan á vítima para acceder á súa conta do banco coa escusa de cancelar algunha transacción fraudulenta ou activar opcións adicionais de seguridade, cando en realidade está a facer todo o contrario.

Con isto, os ciberdelincuentes conseguen o acceso ás claves da banca en liña e así realizar transaccións, retirar diñeiro dun caixeiro automático ou accións similares.

Ruth García indica que en caso de ser vítima deste tipo de estafa débese recompilar as evidencias do delito e realizar unha denuncia nunha Comisaría da Garda Civil ou da Policía. 

Para previr este tipo de incidentes, Ruth García recomenda que ante calquera chamada sospeitosa que pida accións para restaurar a nosa conta ou que se escusen nun fallo, débese desconfiar, aínda que no dispositivo indique que a chamada é do noso banco.

Para asegurar a orixe verídico da chamada, non se debe seguir as instrucións que se indican, e pola contra débese ir a unha sucursal do banco ou chamar directamente ao banco a través do seu número de atención ao cliente, para así comprobar que se trata realmente dunha chamada real e non unha ciberestafa.

Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 16:02.