INCIBE abre a inscrición para un curso de ciberseguridade para coordinadores TIC de centros educativos

Imaxe

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), fundador do Nodo CIBER.gal e en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), abriu a inscrición para o curso en liña "Promovendo a ciberseguridade e privacidade desde a coordinación TIC".

Este curso, que se desenvolverá do 9 de abril ao 21 de maio de 2024, está dirixido a coordinadores TIC de centros educativos e ten como obxectivo proporcionar unha formación integral en materia de ciberseguridade e privacidade.

O curso abordará a xestión da ciberseguridade nos centros educativos e as funcións da coordinación TIC, así como tamén proporcionará recomendacións para a incorporación de medidas de protección e as estratexias para dinamizar a seguridade e privacidade nos centros.

O curso impártese en modalidade en liña a través da plataforma INTEF. A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través da seguinte ligazón: Promovendo a Ciberseguridade desde a Coordinación TIC.

Información relacionada