O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) súmase ao Día Intenacional da Internet Segura, un evento que ten lugar hoxe, 6 de febreiro de 2024, e que está promovido pola rede INSAFE/INHOPE co apoio da Comisión Europea e organizado en España polo Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE).
O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, destaca que nesta efeméride, destinada a promover un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, débese facer fincapé na importancia da ciberseguridade, privacidade e o uso seguro das TIC na contorna dos menores, co obxecto de protexer a súa reputación e a dos demais. “Os pais ou titores deben manter un diálogo aberto cos seus fillos, indicándolles a importancia da seguridade online e actuando como referentes de comportamento dixital” –apunta–.
Precisamente con este obxectivo, O CPEIG coeditou en 2021 coa Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Ciberseguridade con Sofía, un conto destinado a nenos e nenas de entre sete e doce anos no que se mestura narración e ilustración. É unha historia na que se conta dun xeito lúdico os perigos da rede e os segredos da ciberseguridade. Esta publicación achega aos máis novos valores e oportunidades na esfera dixital, pero tamén as normas e límites para un uso seguro da Internet.
Ademáis, O CPEIG recorda algunhas medidas básicas de protección para mitigar os riscos e protexer os datos persoais e profesionais. Estas son algunhas das medidas destacadas:
Podes consultar en detalle estas e outas medidas nesta ligazón.