VILAGARCÍA | Alexis puxo á venda un COCHE e uns CIBERCARRACHOS estafáronlle case 1.200 euros

Un veciño de Vilagarcía foi vítima do calote do Bizum inverso. O propietario puxo á venda un coche e un comprador insistiu en facerlle un pagamento como reserva, como resultado estafáronlle 1.200 euros.

​

Alexis decidiu vender un coche por internet pero co que non contaba era con que lle estafasen 1.200 euros na operación.  O suposto comprador do vehículo insistiu moito en pagarlle unha cantidade por Bizum para facer a reserva do coche.  Aí foi como o liou.


"Díxome que me acababa de mandar un sinal para a reserva, que entrase na banca electrónica para comprobalo, entrei co recoñecemento facial e aceptei sen darme conta. Conseguiu retirarme case 1.200€ en dous Bizum" Alexis García. Vítima do calote.


E o calote aínda puido ser de máis cuantía porque o delincuente intentou facer outras dúas operacións consecutivas. Alexis quere facer público o seu caso para que sirva de aviso a outras persoas que poidan estar tan confiadas coma el.


"Que a xente teña coidado con estes temas. Eu nunca pensei que me farían algo así pero é fácil que llelo fagan a calquera".