Para visualizar o contido desta nova, accede ao vídeo e diríxete ao minuto 11:30.
Seguridade ao pagar coa tarxeta
A Policía Nacional detivo en Lugo un home acusado de cometer numerosos roubos en comercios e supermercados, moitos deles mediante o chamado método da semente. O detido vixiaba ás vítimas nas caixas, memorizaba o PIN da tarxeta bancaria e, xa no aparcadoiro, substraíalles as pertenzas coa axuda dun cómplice, tendo como obxectivo principalmente persoas maiores.