O programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH) é unha iniciativa impulsada desde a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial para facer realidade a transformación dixital en cada rexión de España mediante a posta en marcha de proxectos territoriais en distintos ámbitos tecnolóxicos impulsados de forma conxunta por varias Comunidades Autónomas.
No ámbito da Ciberseguridade, Galicia presentou conxuntamente con Cataluña e a Comunitat Valenciana o proxecto "Centro de Innovación e Competencia en Ciencias da Saúde, Transporte Intelixente, Industria Conectada e Excelencia Operativa", sendo este un dos seleccionados para a súa posta en marcha no marco do Programa RETECH.
A continuación poderás coñecer máis sobre as iniciativas enmarcadas neste proxecto que levan a cabo co liderado e a participación de Galicia.
Sabes que é o spoofing? Chamar por teléfono á xente facéndose pasar polo banco. É o que facía esta muller.
Moito coidado cos cibercarrachos que fan 'shoulder surfing'
Dous conselliños para pagar co móbil con tranquilidade
Isto é o que tes que facer se alguén publica fotos íntimas túas
Velaquí un regalo de Nadal: un truco gratis e sinxelo para acabar cos cibercarrachos
Aos cibercarrachos tamén lles gusta facerse pasar por Google! Moito ollo!
Os cibercarrachos intentan enganarnos co programa Pegasus.
Trucazo para que os 'cibercarrachos' non adiviñen os teus contrasinais.
Os cibercarrachos adoran que teñas sempre o 'bluetooth' activado
Ollo coas ofertas de traballo que recibes no móbil! A ver se van ser #cibercarrachos!
Olliño con algúns editores de arquivos PDF! A ver se están feitos por #cibercarrachos