#CiberseguridadeTVG - Perde 800.000 euros, vítima dun cibercarracho que se fixo pasar por Brad Pitt

Coñeces o calote do Brad Pitt?

Unha muller francesa perde máis de 800.000 euros ao caer no calote do falso Brad Pitt e pensar que tiña unha relación sentimental co actor norteamericano, motivo polo que os estafadores lograron gañarse a súa confianza utilizando ferramentas de intelixencia artificial.

Este calote tamén chegou a España e só en setembro a Garda Civil detivo 5 persoas e hai outras 10 que están sendo investigadas.