#CiberseguridadeTVG - Moito ollo cos cibercarrachos e a estafa do 'voice hacking'!

Nesta estafa os cibercarrachos obteñen gravacións de voz das vítimas e, con intelixencia artificial, imitan as voces para enganar familiares e amigos. 

Con estes audios falsos pídenlle diñeiro ou outro tipo de accións fraudulentas ao seu círculo máis próximo.

Para evitalo a Policía recomenda ter cos contactos cercanos unha clave secreta, como o nome dunha mascota ou unha data de nacemento, para verificar que son eles.