#CiberseguridadeTVG - Detida na Coruña unha muller que se facía pasar polo banco para obter os datos

Sabes que é o spoofing? Chamar por teléfono á xente facéndose pasar polo banco. É o que facía esta muller.

Lembra, se te chaman dicindo que son do banco desconfía. Chama ti ao teu banco para comprobar que a chamada é real. E nunca compartas por teléfono os teus contrasinais. O teu banco nunca cho vai pedir.