Demostradores

Amosando 1 - 12 de 18

A solución integra servizos dixitais orientados ao coidado e benestar de persoas maiores e dependentes, combinando asistencia continua, prevención e acompañamento. Facilita a atención remota, o contacto social para combater a soidade non desexada e a detección temperá de situacións de risco mediante tecnoloxías automatizadas.

Se realizán análises da seguridade de dispositivos físicos, cuxo obxectivo é identificar, avaliar e mitigar vulnerabilidades a nivel de hardware e firmware. Serve para analizar como un atacante podería comprometer un equipo mediante acceso físico, extracción de firmware ou manipulación de compoñentes, e para validar a eficacia das medidas de protección antes do seu despregamento.​

O demostrador integra tres capacidades complementarias para operar un laboratorio IoT orientado a ciberseguridade: ​

  • Deseñar e executar exercicios reproducibles sobre infraestruturas e dispositivos IoT.

  • Xerar tráfico e condicións de tensións realistas (carga, volume, patróns) e validar o comportamento da infraestrutura e os controis baixo situacións esixentes.​

Esta plataforma permite emitir e validar credenciais confiables, automatizar procesos críticos como a gestón de provedores, o acceso a beneficios sociais, a verificación de membresías ou a acreditación de formacións. Todo iso cumprindo normativas como eIDAS 2.0 e GDPR. Todo iso con APIs modulares, doados de integrar e aliñadas co EUDI Wallet europeo.

Sistema baseado en sensores que mide e visualiza en tempo real a calidade do aire en espazos interiores mediante unha plataforma dixital.

Solución de xemelgo dixital que modela o comportamento esperado de servizos urbanos como o estacionamento, o tráfico e o transporte público, e permite simular o impacto de cambios urbanísticos a longo prazo.

Robot humanoide con capacidades avanzadas de mobilidade que actúa como plataforma de interacción, navegación e experimentación.​

A solución permite xestionar frotas de vehículos mediante dispositivos conectados que recollen información en tempo real sobre o seu uso e funcionamento, enviando os datos a unha plataforma dixital onde se analizan e visualizan para mellorar a xestión e a toma de decisións.

É unha plataforma web que permite controlar o estado actual do viñedo e a súa evolución desde calquera dispositivo conectado a Internet. A plataforma incorpora algoritmos de predición de risco de enfermidade fúnxica no viñedo e de evolución de fenoloxía. 

Reproduce un centro de procesamento de datos industrial segmentado segundo o estándar IEC 62443 e o modelo Purdue ISA-95. Inclúe servidores, firewalls de fabricantes líderes como Fortinet e Check Point, e sistemas de copia de seguridade, ofrecendo un escenario realista para as prácticas de ciberseguridade OT na capa de infraestrutura.

Complementa o laboratorio cunha sala de control profesional equipada con postos de operación multipantalla, un videowall de 110 polgadas, un sistema avanzado de videoconferencia e audio Bose. Recrea un contorno real de xestión e resposta ante incidentes, no que converxen a operación dos sistemas industriais e a coordinación das equipas.

Integra os sistemas MasterLabs e de Análise de Firmware nun rack portátil de 12U, permitindo despregar contornos IT/OT virtualizados para a formación, a simulación de ciberataques e os exercicios de tipo CTF. Combina adestramento técnico e operativo en escenarios realistas, con capacidade de virtualización masiva e xestión avanzada de escenarios.