Maqueta maletín portátil

Descrición do caso

É unha célula de automatización OT transportable baseada en tecnoloxía Siemens, deseñada para a formación, as demostracións e os ensaios de ciberseguridade industrial nun formato compacto e autónomo. O seu carácter portátil permite levar un contorno OT real a aulas, eventos e centros sen necesidade de infraestrutura fixa.

Solución do caso

O maletín reúne nun formato reducido os elementos esenciais dunha célula industrial, polo que resulta especialmente útil para a docencia móbil e as demostracións en mobilidade. Permite familiarizarse coa arquitectura básica de control industrial Siemens, abranguendo a programación do PLC, o manexo do HMI e a xestión de sinais físicas. Tamén é un banco de probas para desenvolver competencias no deseño e na proba de redes OT seguras, grazas ó switch e ó firewall integrados.

Como o resto das maquetas, traballa a segmentación lóxica da rede e o control de acceso, simulando zonas de operación e conduits aliñados co IEC 62443, e habilita a conexión segura con outras maquetas para comprobar en tempo real o intercambio de datos entre redes OT separadas baixo políticas de seguridade. O seu obxectivo último é ofrecer un contorno seguro e controlado para realizar probas reais de ciberseguridade OT alá onde sexa necesario.

Os exercicios prácticos inclúen unha simulación de escáneo de rede e protección con firewall sobre o PLC, o HMI e os equipos de rede, empregando ferramentas como PLCScan e Nmap, ataques de forza bruta con Hydra, inundacións de rede con TRex e ataques Man-in-the-Middle con BetterCap e MITMProxy, complementados coa análise mediante IDS. Tamén contempla a modificación de tráfico entre o HMI e o PLC. Pola súa autonomía e tamaño, é a ferramenta ideal para achegar a ciberseguridade industrial a contextos formativos diversos.

Melloras acadadas

Laboratorio OT portátil e autónomo

Simulación realista de redes OT

Formación práctica en contornos OT

Ciberseguridade industrial en mobilidade