Apertura de inscrición para dous novos seminarios gratuítos de ciberseguridade ata o 9 de marzo

Imaxe

Seguridade Zero Trust en Microsoft 365: identidades, accesos e datos baixo control

Este seminario permitirá comprender e aplicar o modelo de seguridade Zero Trust no ecosistema de Microsoft 365, abordando a protección de identidades, accesos e datos nunha contorna corporativa moderna.

Os obxectivos deste seminario son:

  • Comprender os modelos crave de seguridade aplicados a Microsoft 365.
  • Configurar controis fundamentais: MFA, acceso condicional e directivas de risco.
  • Aplicar roles e permisos seguindo boas prácticas.
  • Reforzar a seguridade en recursos compartidos, correo e comunicacións.
  • Implementar políticas efectivas de prevención de perda de datos (DLP).

Información xeral do seminario:

  • Metodoloxía virtual.
  • Número de prazas: 230.
  • A duración do seminario será de 4 horas.
  • O seminario desenvolverase o 10 de marzo de 2026, en horario de 16:30 a 20:30 horas.
  • Período de inscrición: do 23 de febreiro ao 9 de marzo de 2026.

Máis información en: Xornadas - Seguridade Zero Trust en Microsoft 365: identidades, accesos e datos baixo control - CNTG

 

Introdución á análise de malware: técnicas, ferramentas e creación de IOCs

Este seminario ofrece unha visión práctica e introdutoria á análise de malware, abordando técnicas fundamentais, ferramentas especializadas e a creación de indicadores de compromiso (IOCs) para a detección e resposta ante incidentes.

Os obxectivos deste seminario son:

  • Comprender os conceptos básicos da análise de malware e a súa importancia en ciberseguridade.
  • Aprender a realizar análise estática e extraer información sen executar o arquivo.
  • Identificar técnicas para a análise de memoria e detección de actividade oculta.
  • Coñecer ferramentas e plataformas para análises en liña.
  • Saber xerar IOCs útiles para detección e resposta ante incidentes.

Información xeral do seminario:

  • Metodoloxía virtual.
  • Número de prazas: 230.
  • A duración do seminario será de 4 horas.
  • O seminario desenvolverase o 9 de marzo de 2026, en horario de 16:30 a 20:30 horas.
  • Período de inscrición: do 23 de febreiro ao 8 de marzo de 2026.

Máis información en: Xornadas - Introdución á análise de malware: técnicas, ferramentas e creación de IOCs - CNTG

Ambos seminarios enmárcanse na aposta pola especialización en ciberseguridade, ofrecendo formación técnica actualizada en ámbitos clave como a protección de contornas corporativas en Microsoft e a análise de ameazas avanzadas.