
Gustavo Herva Iglesias representou á Amtega na II Xornada de Ciberseguridade Industrial da Comunitat Valenciana, organizada por CSIRT-CV
O Observatorio nace como un eixo estratéxico orientado á análise de tendencias, ameazas, riscos e oportunidades vinculadas á ciberseguridade industrial, coa finalidade de reforzar a capacidade de anticipación, planificación e resposta das organizacións galegas nun escenario tecnolóxico cada vez máis interconectado
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través do laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade industrial, participa nunha nova edición de Galiciencia, o maior evento de divulgación científica e tecnolóxica de Galicia, celebrado en Ourense, achegando ao público asistente iniciativas vinculadas á innovación e á ciberseguridade industrial.
Esta actividade ten como obxectivo presentar as ferramentas e servizos que o Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia pon ao dispor para facilitar o cumprimento, así como analizar as novas ameazas híbridas e os marcos regulatorios que afectan ao sector público e empresarial.
VICON naceu en 2017 como unha reunión informal dun grupo de afeccionados á ciberseguridade, compartindo coñecementos en charlas nun ambiente distendido, foi crecendo ano tras ano ata converterse nun dos congresos de referencia no ámbito da ciberseguridade a nivel estatal
A Xunta de Galicia aposta pola especialización e a colaboración como claves para afrontar os retos da ciberseguridade, segundo destacou Damián Rey durante a apertura do VI Foro Tecnolóxico.
O director da Amtega destaca que a ciberseguridade é un elemento central na estratexia de transformación dixital da Comunidade para poder aproveitar todas as vantaxes da tecnoloxía e garantir unha contorna segura a cidadáns e empresas
O Consello de Ministros aprobou o proxecto de Lei de Protección e Resiliencia das Entidades Críticas, impulsado polo Ministerio do Interior, co obxectivo de reforzar a seguridade das organizacións públicas e privadas que operan en sectores estratéxicos
Este curso permite adquirir habilidades avanzadas para cazar, identificar, contrarrestar e recuperarse dunha ampla gama de ameazas dentro das redes empresariais, incluíndo adversarios APT nación-estado, sindicatos do crime organizado e operadores de ransomeware.
Nos días 9 e 10 de marzo celebraranse dous novos seminarios gratuítos de ciberseguridade en modalidade virtual, e de seguido achégase a información xeral de cada un deles.