
O Informe Ciberalertas 3 do Observatorio de Ciberseguridade Industrial recompila e analiza as principais vulnerabilidades e alertas de ciberseguridade que afectan a fabricantes, produtos e tecnoloxías presentes en contornos industriais, OT e ICS.
O Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia celebrou unha nova edición dos Encontros Tecnolóxicos do Laboratorio, que acadou o aforo completo e reuniu profesionais do sector empresarial, persoal da Administración pública, profesorado e alumnado arredor dos novos retos da intelixencia artificial aplicada á ciberseguridade
O Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia organiza a primeira edición dos Encontros Tecnolóxicos do Laboratorio, unha iniciativa orientada á divulgación de coñecemento e ao intercambio de experiencias arredor da ciberseguridade e das tecnoloxías emerxentes.
O vindeiro 7 de outubro, a Cidade da Cultura de Galicia acollerá a xornada dedicada á ciberseguridade no marco do XIX Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos.
O vindeiro 30 de xuño terá lugar a xornada de inauguración do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade da Xunta de Galicia, unha iniciativa orientada a reforzar as capacidades de Galicia en materia de ciberseguridade aplicada a produtos con elementos dixitais, ciberseguridade industrial e contornas OT
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), celebrará o próximo 15 de xuño de 2026 unha xornada centrada na preparación das empresas ante os desafíos da ciberseguridade industrial
A transformación dixital ofrece grandes oportunidades para as pemes, pero tamén introduce novos riscos que é preciso coñecer e xestionar. A crecente sofisticación dos ciberataques e a incorporación da intelixencia artificial aos procesos empresariais fan imprescindible que as empresas conten coa información e as ferramentas axeitadas para protexer os seus activos dixitais.
A Amtega, en colaboración con AEDeza, organiza unha xornada práctica e participativa dirixida a empresas e equipos directivos baixo o título:
“Está a túa empresa preparada ante un ciberataque?”
A Confederación de Empresarios de Ourense e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organizarán unha xornada práctica centrada na xestión e resposta ante ciberincidentes, dirixida ao tecido empresarial galego e orientada a reforzar a sensibilización e preparación das organizacións fronte ás ameazas dixitais.
O Observatorio nace como un eixo estratéxico orientado á análise de tendencias, ameazas, riscos e oportunidades vinculadas á ciberseguridade industrial, coa finalidade de reforzar a capacidade de anticipación, planificación e resposta das organizacións galegas nun escenario tecnolóxico cada vez máis interconectado