
Nas últimas semanas transcenderon varios ataques a empresas e concellos de Galicia que nalgún caso supuxeron importantes prexuízos.
Estase detectando unha técnica de ataque que busca obter credenciais de Microsoft 365 utilizando as características de privacidade do correo electrónico.
Froito da alianza entre Telefónica Tech e Gradiant e a colaboración da Xunta, contribúe á dixitalización segura da industria galega.
O nodo ciber.gal organiza para o vindeiro 13 de xuño na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense unha xornada sobre actualidade e tendencias en ciberseguridade.
A modificación xa está publicada, e atende á experiencia adquirida nos anos de vixencia da lei e a unha corrección de erros do RXPD.
A compañía acaba de marcar como obsoleta unha comunicación de 2020 na que se afirmaba que nin se admitía nin era necesario software antivirus no seu hipervisor.
O incidente lémbranos que calquera aproximación á seguridade das Tecnoloxías da Información debe contemplar tamén a seguridade física.
Os administradores que o desexen poderán subscribirse e recibir mensaxes de correo electrónico cando a compañía informe de novos problemas.
Os plans de seguridade que se van a aplicar para protexer o proceso de votación poñen especial énfase na ciberseguridade.
O Centro Criptolóxico Nacional publica no portal ÁNGELES un curso para contribuír ao despregamento do ENS na súa versión de acceso para EELL.