Benvido ao boletín quincenal de ciberseguridadegalicia.gal
Facilitámosche unha escolma dos contidos de interese publicados no portal durante a última quincena, e os eventos que terán lugar proximamente.
Novas
Este curso abarca tecnoloxías de protección de dispositivos e das comunicacións de xestión e tráfico de usuario. Tamén inclúe controis de accesos baseados en AAA, algoritmos de cifrado, resume e firmas dixitais como elementos básicos para a conformación dunha infraestrutura de clave pública, así como a implementación de comunicacións seguras mediante estándares como IPSec.
A ciberseguridade será unha das principais prioridades nas liñas de financiamento comunitario.
A AEPD aclara que os establecementos de hospedaxe non poden quedar cunha copia do DNI ou pasaporte das persoas usuarias.
Multimedia
Tes recibido chamadas ou mensaxes publicitarias sen saber por que? É posible que unha empresa coa que non lembras ter relación te contactase.
Apareceu un cargo na túa conta que non fixeches? Ollo porque podes ser vítima de 'carding'!
Se vas de compras en liña, apunta estes consellos para non caer en fraude
Descarga de documentación
Programa da xornada "Galicia cibersegura: protexendo o tecido empresarial"



