O CCN-CERT avisa de que están a chegar ao seu coñecemento unha serie de incidentes con dous factores comúns: o ransomware Blackcat e o acceso ás redes obxectivo utilizando credenciais lexítimas obtidas mediante o compromiso de contas utilizadas por provedores de servizos.
Blackcat é unha familia de malware que se ofrece como ‘Ransomware as a Service’, é dicir, foi desenvolto por un individuo ou grupo criminal que o vende a terceiros para que sexan eles quen o exploten.
A iniciativa, liderada desde a Amtega, quere axudar a impulsar que cada vez máis mulleres desenvolvan as súas carreiras profesionais na ciberseguridade.
Existen diferentes tipos de programas maliciosos, englobados baixo o nome xenérico de malware. Moitos dos elementos de malware actuais seguen patróns de comunicación propios que, unha vez que son descubertos polo persoal que se dedica a ese tipo de investigación, é posible localizar entre o tráfico de Internet. A súa detección delata a presenza de malware no equipo ou equipos que están a acceder a Internet a través dunha dirección IP determinada.
O programa aborda os retos expostos desde o punto de vista normativo na elaboración de disposicións de carácter xeral que inciden no tratamento de datos persoais e as deficiencias apreciadas nas principais medidas de responsabilidade proactiva como son a actuación dos DPD, a realización de avaliacións de impacto e as notificacións de brechas de seguridade.