A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través do laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade industrial, participa nunha nova edición de Galiciencia, o maior evento de divulgación científica e tecnolóxica de Galicia, celebrado en Ourense, achegando ao público asistente iniciativas vinculadas á innovación e á ciberseguridade industrial.
O Nodo Gallego de Ciberseguridade Ciber.gal celebrará o próximo 9 de xuño de 2026, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense), a xornada “Ciberseguridade aplicada: Protexendo as empresas galegas nun mundo dixital”, un encontro orientado a reforzar a seguridade dixital do tecido empresarial galego, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e coorganizada polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG).
Intel e AMD publicaron múltiples boletíns de seguridade corrixindo un total de 70 vulnerabilidades que afectan controladores, firmware, procesadores, plataformas de virtualización e compoñentes de aceleración gráfica utilizados en contornas corporativas e centros de datos.
Fortinet publicou avisos de seguridade críticos para corrixir dúas vulnerabilidades que afectan a FortiAuthenticator e FortiSandbox, produtos amplamente utilizados en contornas corporativas para autenticación, control de acceso e análise de ameazas