A Xornada pretende debater sobre a importancia da ciberseguridade, así como sobre os retos actuais nesta materia, con especial atención á protección cidadá e ao crecemento económico.
O Clúster TIC Galicia en colaboración con DataLife organizan ou próximo 3 de decembro o webinar: Ciberseguridade e Resiliencia Dixital para Empresas TIC Galegas, dentro do marco de conferencias "Oportunidades e Desafíos da Normativa Europea para o Sector TIC Galego"
Dende o 19 de novembro ata o 7 de decembro estará aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto Certified Cloud Security Professional (CCSP) - ISC2.
Detectouse unha nova campaña baseada na técnica ClickFix, que emprega pantallas falsas de actualización de Windows e esteganografía en imaxes PNG para enganar ás persoas usuarias e inducilas a executar comandos maliciosos. O obxectivo é instalar malware do tipo infostealer, principalmente LummaC2 e Rhadamanthys, moi activos en España.
Detectouse unha nova campaña de malware que emprega WhatsApp como principal canle de distribución para instalar troianos capaces de roubar rexistros, contactos e información sensible das vítimas.
Detectouse unha vulnerabilidade crítica en Oracle Identity Manager (parte de Oracle Fusion Middleware) que permite a atacantes remotos sen autenticación executar código arbitrario en sistemas afectados (versións 12.2.1.4.0 e 14.1.2.1.0).
A compañía aérea Iberia confirmou unha brecha de seguridade derivada dun incidente nun dos seus provedores tecnolóxicos, que permitiu un acceso non autorizado a información relacionada con clientes e sistemas internos.
As institucións europeas deron un paso adiante na revisión do marco regulador da Intelixencia Artificial, introducindo axustes e certas flexibilizacións nos requisitos aplicables aos sistemas cualificados como de “alto risco”. Esta actualización responde ás demandas do sector tecnolóxico e á necesidade de equilibrar innovación, competitividade e seguridade no contexto dixital europeo.