Eventos

17:00 - 20:30

Este curso recoñece as habilidades líderes en seguridade de aplicacións. Demostra aos/as empregadores/as e compañeiros/as que ten as habilidades técnicas avanzadas e os coñecementos necesarios para a autenticación, autorización e auditoría en todo o SDLC utilizando as mellores prácticas, políticas e procedementos establecidos polos expertos en ciberseguridade de ISC2.

Caducado

Todo o día

Salón de actos da Facultade de Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela

Neste seminario analizaranse os riscos de seguridade asociados co uso de blockchain e criptografía, así como o seu papel na protección de datos e activos dixitais.

Caducado

09:10 - 12:30

Centro GaiásTech

A Lei de Ciberresiliencia (CRA) mellora as normas de ciberseguridade dos produtos que conteñen un compoñente dixital, esixindo a fabricantes e minoristas que garantan a ciberseguridade durante todo o ciclo de vida dos seus produtos, de cara a protexer a particulares e empresas que os merquen e utilicen. Así, trata de determinar que produtos son ciberseguros e como configuralos de forma segura.

Caducado

16:30 - 20:30

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) - Rúa de Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela

Neste seminario darase a coñecer a importancia das cuestións relativas á seguridade, o uso ético, e o cumprimento normativo no uso da IA Xenerativa.

Caducado

11:00 - 12:30

Aula CeMIT Eiría (Concello da Coruña)

Nova edición do ciclo formativo en materia de ciberseguridade co obxectivo de sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores da importancia da concienciación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.

Caducado

10:00 - 13:00

Centro Gaiastech, Cidade da Cultura – Santiago de Compostela

O obxectivo desta sesión é sensibilizar á cidadanía. especialmente ao colectivo de persoas maiores, sobre a importancia de estaren informados e formados en ámbitos clave como a pegada dixital na internet, o uso seguro das redes sociais, as técnicas de engano utilizadas polos atacantes e como identificar e combater a desinformación na rede.

Caducado

16:30 - 20:30

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)

Neste seminario abordásese as tecnicas de hardening en servidores Linux, e boas practicas de seguridade en contornas linux

O relator será Alberto García, instrutor certificado en Linux, con máis de 20 anos de experiencia no mundo IT e máis de 15 anos como instrutor en Linux.

Caducado

16:30 - 20:30

Seminario virtual

O obxectivo deste seminario é presentar diferentes alternativas para a interconexión segura de redes a través de Internet. Para isto presentarase a tecnoloxía IPsec e amosarase como configurala en routers Cisco, plantexando diferentes alternativas.

Caducado

09:30 - 19:30

SEC504 axúdalle a desenvolver as habilidades necesarias para levar a cabo investigacións de resposta a incidentes. Aprenderá a aplicar un proceso dinámico de resposta a incidentes ás ciberamenazas en evolución e a desenvolver intelixencia sobre ameazas para montar estratexias de defensa eficaces para plataformas na nube e locais.

Caducado

16:30 - 20:30

Seminario virtual

Este curso proporciona unha visión xeral do que é a seguridade da identidade na actualidade, como evolucionou como disciplina a partir dos marcos de xestión de identidades e accesos (IAM) e gobernanza e administración de identidades (IGA), e describe o que podemos anticipar da próxima xeración de seguridade de identidades para as organizacións.

Caducado