
09:00 - 14:00
O Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia organiza un encontro técnico en colaboración con CrowdStrike, no que fabricantes, expertos e usuarios compartirán coñecemento arredor das tendencias, solucións e casos de uso vinculados á ciberseguridade.
Todo o día
A sexta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal celebrarase os días 4, 5 e 6 de novembro.
09:50 - 11:55
Neste obradoiro estudaremos algunhas das vulnerabilidades presentes nos autómatas S7-1200 de Siemens, a súa explotación e medidas de prevención e mitigación
10:05 - 14:15
Diversas entidades patrocinadoras do evento levarán a cabo exposicións sobre produtos, servizos e solucións innovadoras relacionadas con temáticas relevantes e de actualidade no ámbito da ciberseguridade.
10:15 - 14:00
Esta visita é unha oportunidade para coñecer de primeira man as capacidades e os servizos dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia especializados en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial
12:20 - 14:20
Obradoiro práctico baseado nun exercicio de simulación de roles especificamente deseñado para o contexto das Administracións Públicas. A actividade permitirá ás persoas participantes afrontar distintos escenarios e situacións reais, reforzando capacidades organizativas, de resposta e de toma de decisións ante incidentes de ciberseguridade
16:00 - 19:00
A actividade consiste nunha serie de retos deseñados para poñer a proba os coñecementos e habilidades das persoas participantes no ámbito da seguridade de sistemas e aplicacións
09:50 - 11:55
Neste obradoiro práctico abordarase o concepto de persistencia e a súa relevancia dentro da Cyber Kill Chain, combinando unha visión ofensiva e defensiva para comprender como os atacantes manteñen o acceso aos sistemas comprometidos e como as organizacións poden detectar e mitigar este tipo de técnicas
10:00 - 14:25
Diversas entidades patrocinadoras do evento levarán a cabo exposicións sobre produtos, servizos e solucións innovadoras relacionadas con temáticas relevantes e de actualidade no ámbito da ciberseguridade
10:15 - 14:05
sta visita é unha oportunidade para coñecer de primeira man as capacidades e os servizos dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia especializados en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial