Os laboratorios de ciberseguridade da Xunta de Galicia participan no XIX Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos

Imaxe

O vindeiro 7 de outubro, a Cidade da Cultura de Galicia acollerá a xornada dedicada á ciberseguridade no marco do XIX Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos.

A programación abordará cuestións de especial relevancia para o tecido empresarial, como a transposición da Directiva NIS2, a ciberseguridade como prioridade estratéxica para as empresas, os retos específicos das pemes e o seu papel como factor de competitividade.

Os laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia terán unha participación destacada durante a xornada. Iago Fortes, de Inprosec, e María Rodríguez, de Telefónica, intervirán na mesa redonda sobre ciberseguridade, xunto con representantes de SONAE MC e da Universidade do Porto.

Ademais, durante a xornada realizaranse visitas aos dous laboratorios, nas que as persoas participantes poderán coñecer de primeira man as súas capacidades, recursos e ámbitos de actuación.

Máis información, programa e inscricións: ligazón á páxina oficial da APTE.