O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, en colaboración coa Fundación FAD Juventud, a través do Proxecto Educación Conectada, pon en marcha a segunda edición do curso en liña gratuíto: 'Familias dixitais: potenciando o bo uso das redes sociais en familia'.
PuntoGal, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal organiza, conxuntamente co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Global Cyber Alliance (GCA), o webinar “Cara a un novo xeito de falar de ciberseguridade: nomes, números e rutas”, que ademais conta co apoio do Nodo CIBER.gal e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia.
Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Pintos & Salgado Abogados, empresa adherida a CIBER.gal, e da Deputación da Coruña, entidade fundadora de CIBER.gal.
O Centro Criptológico Nacional (CCN), unha das entidades fundadoras do Nodo CIBER.gal, vén de lanzar unha nova ferramenta educativa a través do seu portal de formación “Ángeles”. Denominada "Ciber-Cluedo", está destinada a combater o phishing, unha das ameazas cibernéticas máis comúns e perigosas na actualidade.
O vindeiro xoves 7 de marzo celebrarase unha Xornada sobre a Directiva NIS2 “Ciberseguridade Industrial, implicacións para OEMs e clientes finais” na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo no seu Campus de As Lagoas-Marcosende (Vigo).
Telefónica, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, lanza unha formación gratuíta en Ciberseguridade a través da súa Fundación Telefónica. A formación consta de 5 cursos destinados a impulsar a empregabilidade a través da capacitación dixital.
Pola mañá realizarase un coloquio a través dunha multiconferencia web na que participarán 4 profesionais galegas que traballan a diario coa tecnoloxía. Pola tarde levarán a cabo varios talleres tecnolóxicos dirixidos a nenas e nenos de entre 10 e 16 anos no CESGA, ademais de xogos e visitas ao supercomputador Finisterrae III e ao computador cuántico Qmio.