O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), entidade fundadora do Nodo CIBER.gal, lanzou dous novos cursos de formación gratuítos en ciberseguridade dirixidos aos sectores da construción e loxística baixo o nome de Ciberseguridade para microempresas e autónomos.
A Memoria anual correspondente a 2023 destaca a incorporación de 10 novas grandes empresas e a organización e coordinación de actividades de concienciación, capacitación, fomento do talento, servizos de ciberseguridade a administracións públicas e impulso do sector TIC.