A iniciativa pola que nace #CiberEsther, e por tanto cibercarracho,-a, consiste en realizar curtos vídeos de contidos que abordan a seguridade na rede, na contorna dixital: a ciberseguridade.
Trátase dunha operación internacional coordinada por EUROPOL e que contou coa participación da Policía Nacional, que fixou en máis de 20 as vítimas no noso país.
O Incibe avisa dunha campaña de de correos fraudulentos suplantando a entidades públicas de contratación. Diríxese a empresas e autónomos que participasen nalgunha das ofertas publicadas na Plataforma de Contratación do Sector Público.
Os remitentes solicitan que lles sexan enviadas as facturas polos servizos correspondentes a algún contrato coa administración para, previsiblemente, xerar copias idénticas salvo polo número de conta na que se ingresa o pago e envialas coma se fosen as lexítimas.
O telexornal da TVG informa sobre unha nova estafa que circula a través de Whatsapp e pola que se viu afectado o Alcalde de Barbadás. Os ciberdelincuentes suplantaron a súa identidade e pedíronlle diñeiro aos seus contactos.
Cibercarracho, un termo xurdido no #DígochoEu grazas a #CiberEsther, figura impulsada grazas ao diseño e lanzamento da campaña de sensibilización sobre ciberseguridade impulsada pola Amtega, é unha das seis finalistas para ser elixida como palabra do ano en 2023 pola iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié do Portal das Palabras.