Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Balidea, empresa adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Lugo, entidade fundadora de CIBER.gal.
O CCN-CERT, do Centro Criptológico Nacional (CCN), publicou o Informe de Ameazas e Tendencias do ano 2023, alertando do aumento de ataques de roubo de información e da compravenda de credenciais como unha das principais vías para comprometer redes corporativas.
Vodafone ven de informar dun acceso non autorizado a información dun número limitado dos seus clientes por medio dunha vulneración da seguridade dunha empresa colaboradora. Cumprindo coas súas obrigacións legais, Vodafone xa informou tanto ás autoridades (AEPD) como aos clientes afectados.
Os datos expostos son os seguintes: nome, apelido, DNI ou NIF, número de teléfono de contacto, dirección de correo electrónico, dirección física e conta bancaria, ademais do número de teléfono contratado no caso dos particulares.
Desde a pandemia, é máis común facer uso dos códigos QR en comercios e restauración. É isto, algo que aproveitaron os ciberdelincuentes para crear unha nova forma de estafa.