Diversas entidades patrocinadoras do evento levarán a cabo exposicións sobre produtos, servizos e solucións innovadoras relacionadas con temáticas relevantes e de actualidade no ámbito da ciberseguridade
Neste obradoiro presentarase Volatility, unha das ferramentas de código aberto máis empregadas para a análise forense de imaxes de memoria RAM. As persoas asistentes coñecerán as funcionalidades básicas da ferramenta e as principais diferenzas entre a versión actual (3.x) e a histórica versión 2.6.1, que continúa sendo de utilidade en determinados contornos
Neste obradoiro práctico abordarase o concepto de persistencia e a súa relevancia dentro da Cyber Kill Chain, combinando unha visión ofensiva e defensiva para comprender como os atacantes manteñen o acceso aos sistemas comprometidos e como as organizacións poden detectar e mitigar este tipo de técnicas
Esta visita é unha oportunidade para coñecer de primeira man as capacidades e os servizos dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia especializados en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial