Diversas entidades patrocinadoras do evento levarán a cabo exposicións sobre produtos, servizos e solucións innovadoras relacionadas con temáticas relevantes e de actualidade no ámbito da ciberseguridade.
Obradoiro práctico baseado nun exercicio de simulación de roles especificamente deseñado para o contexto das Administracións Públicas. A actividade permitirá ás persoas participantes afrontar distintos escenarios e situacións reais, reforzando capacidades organizativas, de resposta e de toma de decisións ante incidentes de ciberseguridade
Neste obradoiro estudaremos algunhas das vulnerabilidades presentes nos autómatas S7-1200 de Siemens, a súa explotación e medidas de prevención e mitigación
A actividade consiste nunha serie de retos deseñados para poñer a proba os coñecementos e habilidades das persoas participantes no ámbito da seguridade de sistemas e aplicacións