O Informe de Intelixencia de Ameazas OT – II do Observatorio de Ciberseguridade Industrial ofrece unha análise estruturada do panorama actual de ameazas con impacto potencial sobre contornos industriais (ICS/OT), combinando intelixencia especializada, análise de actores de ameaza e recomendacións orientadas á resiliencia operativa.
Co obxectivo de atender a crecente demanda de profesionais especializados en ciberseguridade por parte do tecido empresarial galego, a Xunta continúa reforzando a oferta formativa dos cursos de especialización en ciberseguridade IT e OT no ámbito da Formación Profesional. Para o curso 2026-27 impartiranse un total de 14 cursos de especialización, que suman 340 prazas dispoñibles distribuídas entre as modalidades presencial e a distancia
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), celebrará o próximo 15 de xuño de 2026 unha xornada centrada na preparación das empresas ante os desafíos da ciberseguridade industrial