Persoal investigador en ciberseguridade identificou unha nova campaña de malware denominada GhostPoster, que conseguiu comprometer aproximadamente 50.000 persoas usuarias do navegador Mozilla Firefox empregando técnicas avanzadas de esteganografía e ofuscación, ocultando código malicioso dentro de imaxes PNG utilizadas como iconas de extensións aparentemente lexítimas.
A Axencia de Ciberseguridade e Infraestruturas dos Estados Unidos (CISA) incorporou ao seu catálogo de Known Exploited Vulnerabilities (KEV) unha vulnerabilidade zero-day crítica que afecta ao motor Google Chromium, base de navegadores como Google Chrome, Microsoft Edge, Brave, Opera ou Vivaldi.
Apple publicou unha actualización de seguridade crítica para iOS 26.1 e iPadOS 26.1 que corrixe numerosas vulnerabilidades detectadas en compoñentes esenciais do sistema operativo. Algunhas destas debilidades afectan ao kernel, WebKit, á xestión de memoria, á privacidade e aos mecanismos de illamento (sandbox), podendo ser explotadas por aplicacións ou contidos maliciosos.
A plataforma de distribución musical SoundCloud confirmou recentemente un incidente de seguridade que resultou no acceso non autorizado a datos de contas de usuarios. Segundo a información facilitada, os atacantes lograron exfiltrar enderezos de correo electrónico e información de perfil público correspondente aproximadamente ao 20 % da base total de usuarios.
Detectouse a explotación activa de vulnerabilidades críticas que afectan a dispositivos Fortinet cando está habilitado o inicio de sesión único (Single Sign-On, SSO) mediante FortiCloud.
Estas vulnerabilidades permiten a atacantes non autenticados obter acceso administrativo completo mediante o uso de mensaxes SAML maliciosas.
Vivimos nunha era na que a liberdade parece estar a un só clic de distancia. Porén, nunca dependemos tanto de sistemas, algoritmos e plataformas que condicionan a nosa identidade, as nosas decisións e a nosa privacidade.
As ciberestafas aumentan un 89% durante a época do Nadal xa que son miles as persoas que realizan compras a través de internet. Se es víctima dunha ciberestafa, neste vídeo contámosche como actuar rápido para minimizar o impacto.