No programa Bos Días da TVG, Manuel Caeiro, coordinador do Máster en Ciberseguridade, comentou un caso recente de fraude bancaria no que unha persoa conseguiu recuperar máis de 5.000 euros tras sufrir unha estafa dixital e obter unha resolución favorable por parte da Audiencia Provincial
Atlassian publicou actualizacións de seguridade para corrixir unha vulnerabilidade crítica que afecta a varios produtos Data Center. A vulnerabilidade, identificada como CVE-2026-21589, pode permitir a un atacante non autenticado acceder a determinados ficheiros dentro do directorio raíz da aplicación web.
Detectouse explotación activa dunha vulnerabilidade en Ivanti Connect Secure que pode permitir a un atacante remoto non autenticado executar comandos arbitrarios en dispositivos afectados. Ivanti publicou actualizacións de seguridade e recomenda actuar de maneira inmediata.
A Axencia Española de Protección de Datos subliña que a incorporación de intelixencia artificial a sistemas de videovixilancia debe realizarse con garantías desde o deseño, especialmente cando estas solucións permiten analizar imaxes, identificar patróns ou localizar persoas a partir de determinadas características
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) abriu o prazo de inscrición para dous novos cursos especializados en ciberseguridade que se impartirán en modalidade virtual durante os meses de novembro e decembro de 2026: CompTIA Security+ e Cyber Compliance: adecuación ao novo marco normativo da Ciberseguridade.
Estanse a detectar intentos de fraude nos que os ciberdelincuentes se fan pasar por entidades bancarias para conseguir que as persoas usuarias autoricen transferencias ou outras operacións que non solicitaron.