O Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e en co-organización co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), celebrará os días 5, 6 e 7 de novembro a V edición do Encontro CIBER.gal, o evento de referencia do sector da ciberseguridade en Galicia.
Nova edición do ciclo formativo en materia de ciberseguridade co obxectivo de sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores da importancia da concienciación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.
Nova edición do ciclo formativo en materia de ciberseguridade co obxectivo de sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores da importancia da concienciación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.
O Nodo CIBER.gal anunciou a posta en marcha dun ciclo de actividades de sensibilización e capacitación dirixidas ao tecido empresarial de Galicia, que é o resultado da implicación de máis de 30 entidades vinculadas a esta estrutura de colaboración público-privada promovida polas Xunta de Galicia.
A Xestión de Riscos constitúe un dos aspectos fundamentais da Xestión Organizacional e de Proxectos. O anticiparse ás ameazas e oportunidades que poden presentarse e coñecer a forma adecuada de xestionalos constitúe un factor crave para o éxito.
Esta xornada proporciona unha visión xeral do Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR), os seus principios e obrigacións, e analiza a súa relación co Esquema Nacional de Seguridade (ENS) e a Directiva NIS2 en materia de ciberseguridade e cumprimento normativo.
Este curso proporciona unha visión xeral do que é a seguridade da identidade na actualidade, como evolucionou como disciplina a partir dos marcos de xestión de identidades e accesos (IAM) e gobernanza e administración de identidades (IGA), e describe o que podemos anticipar da próxima xeración de seguridade de identidades para as organizacións.
O obxectivo deste seminario é presentar diferentes alternativas para a interconexión segura de redes a través de Internet. Para isto presentarase a tecnoloxía IPsec e amosarase como configurala en routers Cisco, plantexando diferentes alternativas.