Este curso abarca tecnoloxías de protección de dispositivos e das comunicacións de xestión e tráfico de usuario. Tamén inclúe controis de accesos baseados en AAA, algoritmos de cifrado, resume e firmas dixitais como elementos básicos para a conformación dunha infraestrutura de clave pública, así como a implementación de comunicacións seguras mediante estándares como IPSec.
Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Inditex, empresa adherida a CIBER.gal, e INCIBE, entidade fundadora de CIBER.gal.
Bloqueadores de anuncios, tradutores, comparadores de prezos... seguramente nalgún momento instalaches unha extensión no teu navegador para facelo máis práctico. E é certo! Os complementos (tamén coñecidos como extensións ou plug-ins) poden mellorar moito a túa experiencia web, pero coidado! Tamén poden converterse nun risco para a túa seguridade.
Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresa do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Sermicro Group, empresa adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Pontevedra, entidade fundadora de CIBER.gal.
O Nodo CIBER.gal organiza o próximo 11 de xuño no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en San Cibrao das Viñas, Ourense, a xornada "Galicia cibersegura: protexendo o Tecido Empresarial" no marco do V Encontro CIBER.gal.