Neste curso presentaranse os conceptos xerais e as metodoloxías relacionadas coas probas de penetración e o alumnado realizará unha proba de penetración simulada para unha empresa ficticia.
Este curso ten como obxectivo facilitar ao alumnado puntos de partida sólidos en Hacking Ético, tanto a nivel sistemas en xeral (Windows ou UNIX), web, así como un alto nivel de especialización en ataques a redes Microsoft modernas.
Este curso recoñece as habilidades líderes en seguridade de aplicacións, técnicas avanzadas e os coñecementos necesarios para a autenticación, autorización e auditoría en todo o SDLC.
Ata o vindeiro 13 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición para os cursos gratuítos Certified Secure Software Lifecycle Professional (CSSLP) - ISC2; Formación en Hacking Ético e Certificación Red Team Certified Professional; e Comptia Pentest+.
A Xunta pon en valor a colaboración institucional e o intercambio de información como medios para potenciar a ciberseguridade e limitar as novas formas de delincuencia.