Este novo ciclo formativo achegará á cidadanía recomendacións prácticas para facer fronte aos principais riscos de ciberseguridade asociados ao Nadal e ás compras en liña
Avaliación da seguridade de produtos, sistemas e solucións mediante análises técnicas e probas orientadas a identificar vulnerabilidades, debilidades e posibles vectores de ataque.
O Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia organiza un encontro técnico en colaboración con CrowdStrike, no que fabricantes, expertos e usuarios compartirán coñecemento arredor das tendencias, solucións e casos de uso vinculados á ciberseguridade.
O Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia organiza a primeira edición dos Encontros Tecnolóxicos do Laboratorio, unha iniciativa orientada á divulgación de coñecemento e ao intercambio de experiencias arredor da ciberseguridade e das tecnoloxías emerxentes.
O carding é unha fraude dixital baseada no uso ilícito de datos de tarxetas bancarias roubadas.
Neste vídeo da Amtega explicamos como funciona esta práctica e que medidas básicas podes adoptar para protexer os teus datos bancarios e evitar cargos non autorizados.