A xornada de ciberseguridade do XIX Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos abordará os principais retos e oportunidades da ciberseguridade para empresas e institucións, con especial atención á Directiva NIS2, ás pemes e á ciberseguridade como factor de competitividade.
O vindeiro 7 de outubro, a Cidade da Cultura de Galicia acollerá a xornada dedicada á ciberseguridade no marco do XIX Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos.
No espazo Lambóns Dixitais do día 26 de setembro de 2026, Javier Mosquera e Marcus Fernández analizaron o impacto da intelixencia artificial no cibercrime a partir dun caso recente no que os delincuentes empregaron IA para examinar automaticamente contas de correo comprometidas.
Xa está aberto o prazo de presentación de candidaturas para a I edición dos Premios CIBER.gal, unha iniciativa impulsada no marco do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal para recoñecer e dar visibilidade ás mellores iniciativas desenvolvidas polas súas entidades adheridas en materia de ciberseguridade en Galicia.