PuntoGal, entidade adherida ao Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, en colaboración coa Global Cyber Alliance, publica unha serie de guías pensadas para facilitar as boas prácticas en ciberseguridade para distintos colectivos. Despois de publicar a adicada as pemes e xornalistas, presentan a compilación de ferramentas para ONGs, que ofrece as ferramentas e pasos a seguir necesarios para a protección dos datos.