Se tes en mente (ou coñeces a alguén que teña en mente) desenvolver unha carreira no eido da ciberseguridade, ata o 20 de setembro estás a tempo de inscribirte nalgún dos Cursos de Especialización que se ofertan en Galicia.
Trátase dun curso de 31 horas de duración en modalidade virtual, co obxectivo de proporcionar unha compresión da normativa relacionada coa protección de datos, tanto a nivel europeo como internacional.
Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ponse ao dispor da cidadanía dous seminarios gratuítos de 4 horas de duración en modalidade presencial co obxectivo de comprender a importancia da ciberseguridade e a súa xestión nas empresas e organizacións.