Ofértase para persoal funcionario e laboral con responsabilidades na área das Tecnoloxías da Información que desexe adquirir coñecementos ou profundar nesta materia.
Un 53,3% da poboación de Galicia sufriu algún incidente de ciberseguridade no último ano, segundo os datos recollidos no informe anual “O estado da ciberseguridade en Galicia” do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA).
Detectouse unha campaña que suplanta á Policía Nacional, utilizando a técnica de phishing, coa que se pretende distribuír un malware a través de notificacións que fan referencia a un suposto informe policial emitido e unha advertencia de citación.
Detectouse unha campaña de suplantación a Netflix, a través da técnica de phishing, a cal ten como obxectivo conseguir a información da persoa usuaria referente aos seus datos persoais e bancarios.
O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e a Organización dos Estados Americanos (OEA) organizan anualmente este programa internacional de capacitación especializado en ciberseguridade e dirixido a colectivos especializados.
O dato consta no informe de actividade 2020-2024 no marco do convenio entre o Centro Criptolóxico Nacional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, en colaboración coa Fundación FAD Juventud, a través do Proxecto Educación Conectada, pon en marcha a segunda edición do curso en liña gratuíto: 'Familias dixitais: potenciando o bo uso das redes sociais en familia'.