No programa "A Revista" da TVG entrevistan a Inés Amor, voceira da Policía Nacional, para falar dunha nova modalidade de estafa a través de espazos en liña de segunda man que ofrecen produtos a prezos tentadores.
Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ponse ao dispor da cidadanía un curso gratuíto en modalidade presencial sobre seguridade en IoT, coa finalidade de ensinar habilidades de White Hat Hacker para a realización de avaliacións de vulnerabilidade e risco.