Alertas e avisos

Nivel de alerta
Crítico

A criticidade das vulnerabilidades corrixidas fai recomendable a actualización inmediata.

Nivel de alerta
Alto

Coa campaña da Renda 2024 en curso, a Axencia Tributaria alerta do risco de distintos tipos de engano utilizando este pretexto.

Nivel de alerta
Crítico

A criticidade das vulnerabilidades corrixidas fai recomendable a actualización inmediata.

Nivel de alerta
Medio

Mediante un vídeo, a Garda Civil axúdache a previr que suplanten túa identidade usando os datos de entrega dos paquetes que che chegan.

Nivel de alerta
Alto

Estase a detectar unha campaña de phishing mediante envío masivo de mensaxes de correo electrónico que suplantan ao Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE).

Nivel de alerta
Alto

A Axencia Española de Meteoroloxía (AEMET) e o Incibe alertan dunha campaña de smishing (mensaxes de texto SMS fraudulentos) que tratan de sacar proveito da especial concienciación que se despertou en España cara ás alertas meteorolóxicas.

A mensaxe alerta dun evento climatolóxico severo e ofrece un enlace para descargar unha suposta aplicación de AEMET. O enlace descarga un arquivo que contén malware, polo que, no caso de recibilo, debes evitar pulsar sobre el e proceder a borrar a mensaxe.

Nivel de alerta
Crítico

O CCN-CERT do Centro Criptolóxico Nacional informa sobre a actualización de seguridade que acaba de publicar Fortinet para resolver unha vulnerabilidade crítica nos seus productos FortiManager e FortiManager Cloud que permite a execución arbitraria de código ou de comandos nos sistemas vulnerables. 

Estes sistemas son amplamente utilizados en arquitecturas de seguridade corporativa, polo que a actualización rápida considérase de vital importancia.

Nivel de alerta
Medio

O Equipo @ da Garda Civil de Ourense detectou un aumento de estafas utilizando como engado o espazo de almacenamento de Google.

Nivel de alerta
Alto

O Equipo @ da Garda Civil alerta sobre o aumento de estafas online relacionadas con material escolar e matrículas durante a tempada de regreso a clases. Estes fraudes soen dirixirse a pais e estudantes que buscan ofertas ao comprar materiais educativos ou para inscribirse en cursos.

Nivel de alerta
Alto

O Equipo @ da Garda Civil, especializado na investigación de ciberdelitos, alerta sobre un preocupante repunte de estafas online que afecta, principalmente, á compra de pellets, un produto cada vez máis demandado para a calefacción doméstica. Tras o verán e coa chegada do outono, espérase que estes fraudes continúen en aumento, tal como ocorreu o ano pasado.