Laboratorio e centro demostrador de ciberseguriade en produtos con elementos dixitais

Impulsando unha Galicia dixital máis segura, resiliente e conectada

O Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia é unha iniciativa estratéxica e pioneira impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Este proxecto intégrase na Rede rexional de laboratorios e busca posicionar Galicia como unha rexión de referencia en materia de ciberseguridade e innovación.

O laboratorio e centro demostrador nace como resposta aos retos actuais da transformación dixital. En concreto, ao incremento das ciberameazas nos contornos conectados, á presión normativa sobre todos os axentes do ecosistema ciber e á necesidade de fomentar talento e vocacións neste ámbito que dean resposta aos retos do presente e do futuro no eido da ciberseguridade.

 

Obxectivos

Ante estes retos, preténdese cumprir cinco obxectivos:

  1. Consolidar un modelo galego de ciberseguridade. O laboratorio procura ser unha infraestrutura de referencia que se anticipe ás ameazas.
  2. Reforzar a confianza e a seguridade dixital. O aumento da ciberseguridade permitirá protexer o tecido produtivo galego, a Administración pública e a cidadanía.
  3. Impulsar a innovación e o emprendemento. O laboratorio servirá como punto de encontro entre a tecnoloxía e o mercado, asesorando os axentes do ecosistema, principalmente as pemes, sobre casos de uso reais e normativa, e promovendo accións que impulsen o emprendemento neste ámbito, xerando riqueza e novas oportunidades no territorio galego.
  4. Desenvolver e atraer talento especializado. A actividade do centro contribuirá a reducir a fenda de profesionais mediante unha ampla proposta de asesoramento e formación avanzada e a colaboración directa co sistema educativo das universidades e dos centros de formación profesional, así como con calquera outro colectivo no que desenvolver vocacións STEM.
  5. Articular un ecosistema colaborativo. O laboratorio actuará como nodo dinamizador que integre as iniciativas públicas e privadas en toda Galicia relacionadas cos ámbitos da ciberseguridade, en contornos tan innovadores como a intelixencia artificial ou a computación cuántica, así como calquera outra tecnoloxía emerxente relacionada cos contornos e produtos conectados ou co Internet das Cousas (IoT).

Descargas

Accede á nosa biblioteca de guías prácticas, informes de tendencias e documentación técnica. Ferramentas deseñadas para facilitar a adopción de boas prácticas de ciberseguridade en todo o territorio.

O Catálogo de boas prácticas e controis de seguridade para contornos ICS/OT do Observatorio de Ciberseguridade Industrial ofrece unha guía estruturada para apoiar a selección, priorización e implantación progresiva de medidas de ciberseguridade en organizacións con sistemas industriais.

O Informe de Intelixencia de Ameazas OT – II do Observatorio de Ciberseguridade Industrial ofrece unha análise estruturada do panorama actual de ameazas con impacto potencial sobre contornos industriais (ICS/OT), combinando intelixencia especializada, análise de actores de ameaza e recomendacións orientadas á resiliencia operativa.

O Informe de Ciberalertas – II do Observatorio de Ciberseguridade Industrial ofrece unha visión práctica sobre a priorización de vulnerabilidades en contornos industriais (ICS/OT). Esta segunda entrega céntrase en como tomar decisións eficaces nun escenario no que o volume de vulnerabilidades publicadas supera amplamente a capacidade real de parcheo das organizacións.

Queres coñecer como transformamos o panorama dixital e a ciberseguridade en Galicia? Ven coñecernos

Os laboratorios de ciberseguridade non son só unha contorna de probas de alta tecnoloxía, se non tamén un punto de encontro para empresas, administracións, profesionais e cidadanía que buscan liderar a transformación dixital segura na nosa rexión. Reserva unha visita para coñecelos de primeira man.
Imaxe dunha oficina con bench longo e cadeiras
Imaxe dunha oficina con bench longo e cadeiras

Fogar dixital conectado

Beneficios de utilizar esta solución:  Mellora a calidade de vida das persoas maiores e dependentes ao ofrecer unha asistencia continua e personalizada que combina a prevención de riscos co acompañamento social para combater a soidade.

  • Vulnerabilidades e vectores de ataque:

    • Exposición do portal web: Vulnerabilidades na interface de visualización (como inxección SQL ou Broken Authentication) que poderían permitir a un terceiro tomar o control do panel de xestión.

  • Boas prácticas e mitigación:

    • Canles de comunicación redundantes: O hub debe ser capaz de conmutar entre diferentes redes para garantir que o aviso de emerxencia se emita sempre

Laboratorio de Hardware Hacking

Beneficios de utilizar esta solución:  Fortalece a seguridade de dispositivos físicos ao permitir a identificación e mitigación de vulnerabilidades críticas tanto no hardware como no firmware antes da súa comercialización.

  • Vulnerabilidades e vectores de ataque:

    • Extracción e análise de firmware: A falta de mecanismos de protección de memoria pode permitir a extracción do firmware, facilitando a enxeñería inversa, a identificación de vulnerabilidades e a inclusión de código malicioso. 

  • Boas prácticas e mitigación:

    • Mecanismos de arranque seguro e protección de Memoria: Implementar secure boot, cifrado de firmware e proteccións contra lectura de memoria para impedir a manipulación e extracción de software. 

Entorno de Entrenamento en Ciberseguridade

Tecnoloxía (validación técnica): Validación de controis e configuracións (seguridade de rede, segmentación, hardening, regras, cambios de arquitectura) antes do seu despregamento. 

Identidade dixital soberana

Beneficios de utilizar esta solución:  Ofrecer un control total ao usuario sobre os seus datos baixo o marco do GDPR, garantindo a máxima seguridade e cumprimento legal mediante a súa aliñación coa normativa eIDAS 2.0 e o EUDI Wallet europeo.

  • Vulnerabilidades e vectores de ataque:

    • Centralización e exposición de datos: Os sistemas actuais concentran identidades en grandes repositorios e obrigan a compartir máis información da necesaria, aumentando o impacto de brechas e usos indebidos. ​

  • Boas prácticas e mitigación:

    • Compartir só atributos necesarios, mellorando privacidade sen perder verificabilidade. 

Monitorización da Calidade do Aire en Interiores

Beneficios de utilizar esta solución: Mellora a saúde, o benestar e a concienciación ambiental en edificios públicos e contornos educativos.

  • Vulnerabilidades e vectores de ataque:

    • Intercepción de datos: Ao empregar protocolos como MQTT sen cifrar, un atacante podería «escoitar» as medicións de CO₂, temperatura ou humidade.

  • Boas prácticas e mitigación:

    • Seguridade no protocolo MQTT: Implementar MQTTS (MQTT sobre TLS) para que toda a comunicación entre o sensor e a nube viaxe cifrada.

Xemelgo Dixital de Urbanismo e Mobilidade

Beneficios de utilizar esta solución: Permite anticipar impactos, identificar problemas estruturais e apoiar a toma de decisións urbanísticas baseadas en simulacións e análises obxectivas.

  • Vulnerabilidades e vectores de ataque:

    • Ataques Man‑in‑the‑Middle: Intercepción da comunicación entre os sensores físicos e a plataforma Thinking City, alterando os datos.

  • Boas prácticas e mitigación:

    • Cifrado extremo a extremo: Asegurar que, desde o sensor físico do aparcadoiro ata a nube do provedor, o dato viaxe cifrado e asinado dixitalmente.

Actualidade

A Amtega celebrará o martes 30 de xuño, de 9:30 horas a 14:30 horas, a xornada de inauguración do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade da Xunta de Galicia

Axenda

09:30 - 14:30

Sala Eisenman, Edificio CEM, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela
Caducado
Caducado

Iniciativas e servizos

Poñemos á túa disposición as nosas capacidades técnicas para axudarche a validar os teus produtos, cumprir cos estándares europeos e fortalecer a resilencia da túa organización.
Imaxe ilustrativa dunha rede de conexión
Imaxe ilustrativa dunha rede de conexión