Co fin de apoiar a cadea industrial galega no proceso de produción de bens e servizos tecnolóxicos de uso dual, a Xunta de Galicia convoca as axudas de Industria Dual destinadas a empresas con centro de traballo en Galicia que proxecten levar a cabo investimentos vinculados aos ámbitos da Seguridade, Defensa e Aeroespacial.
Ademais da adquisición de coñecementos, a xornada pretende fomentar a colaboración entre empresas, facilitando un espazo de diálogo no que compartir experiencias reais, boas prácticas e inquietudes comúns no ámbito da seguridade dixital.
A transformación dixital ofrece grandes oportunidades para as pemes, pero tamén introduce novos riscos que é preciso coñecer e xestionar. A crecente sofisticación dos ciberataques e a incorporación da intelixencia artificial aos procesos empresariais fan imprescindible que as empresas conten coa información e as ferramentas axeitadas para protexer os seus activos dixitais.
Nesta sesión sobre a «Intelixencia e ciberameazas: entendendo os novos retos e desafíos» faremos unha aproximación clara e práctica do impacto da intelixencia artificial na seguridade dixital e nos novos riscos tecnolóxicos.
«Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtros» é unha experiencia que combina o visionado dun documental cunha sesión formativa posterior na que exploraremos os retos do mundo dixital actual.
«Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtros» é unha experiencia que combina o visionado dun documental cunha sesión formativa posterior na que exploraremos os retos do mundo dixital actual.