Páxinas informativas
Existen diferentes tipos de programas maliciosos, englobados baixo o nome xenérico de malware. Moitos dos elementos de malware actuais seguen patróns de comunicación propios que, unha vez que son descubertos polo persoal que se dedica a ese tipo de investigación, é posible localizar entre o tráfico de Internet. A súa detección delata a presenza de malware no equipo ou equipos que están a acceder a Internet a través dunha dirección IP determinada.