Hoxe #CiberEsther fálanos das cookies, que teñen un nome específico en galego. De feito, sabías que a RAG recomenda dicir 'rastros' e non 'cookies'? Pois #DígochoEu
En galego temos unha chea de palabras que empezan por ‘ciber’. A máis importante é a ciberseguridade. No #DígochoEu queremos aprender todo sobre este tema para que non nos engane ningún lampantín. Acompáñanos nestas leccións contra os ciberdelitos!