Dende o 24 de febreiro ata o 9 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto Hacker tools, Techniques and Incident Handling. O curso capacita para investigar incidentes de ciberseguridade, desenvolver intelixencia sobre ameazas e crear estratexias de defensa eficaces en entornos na nube e locais.
O obxectivo desta sesión é sensibilizar á cidadanía. especialmente ao colectivo de persoas maiores, sobre a importancia de estaren informados e formados en ámbitos clave como a pegada dixital na internet, o uso seguro das redes sociais, as técnicas de engano utilizadas polos atacantes e como identificar e combater a desinformación na rede.