O “Access-2-Market” busca impulsar a creación de redes de colaboración entre CISOs, líderes corporativos e provedores de ciberseguridade, promovendo un escenario real para que empresas seleccionadas presenten as súas solucións a un público de compradores potenciais.
A xornada, á que asistiron alcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia da Coruña, tivo como obxectivo concienciar aos gobernos locais sobre a necesidade de ter en conta a ciberseguridade como un ámbito organizacional clave e que permita, entre outras cousas, contar cunha infraestrutura robusta ante os ciberataques.
Detectouse unha vulnerabilidade crítica (CVE-2024-3400) no software PAN-OS, utilizado por todos os firewalls de nova xeración de Palo Alto Networks, que podería permitir a un atacante non autenticado executar código arbitrario con privilexios de administrador no firewall.
O Incibe detectou unha campaña, na cal os ciberdelincuentes están a utilizar a técnica de smishing, que se basea no envío de mensaxes de texto, onde se informa ao usuario de que a Axencia Tributaria ordenou o pago dun importe determinado en concepto dunha suposta devolución do IRPF da renda do ano 2023.
Reportáronse tres vulnerabilidades, unha de severidade crítica e dúas de severidade alta, cuxa explotación podería permitir a un atacante executar código arbitrario.