10:00 - 13:30
Competición patrocinada por Gradiant baseada nunha serie de retos clasificados en diferentes categorías e niveis de dificultade para probar coñecementos e habilidades na área da seguridade de sistemas e aplicacións en categorías
10:00 - 14:10
A quinta edición do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal, celebrarase os días 05, 06e 07 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, nas instalacións do Edificio Fontán.
10:15 - 11:30
Nesta mesa redonda abordarase o reto de como combinar os datos que poden axudar a deseñar mellores políticas sen crebar a legalidade do RGPD, a aproveitar ese potencial sen poñer en risco a privacidade e a descubrir como poden os avances en aprendizaxe federada formar parte da solución
15:10 - 17:40
SSH (Secure Shell) é o estándar de facto para a administración remota de equipos Linux. Neste caso, como se xestiona a identidade?
No obradoiro abordarase, desde un punto de vista defensivo e ofensivo, a xestión da identidade en SSH
12:00 - 19:00
O día 6 de novembro, no marco do V Encontro CIBER.gal, poderase visitar o demostrador "Seguridade cuántica para redes tácticas: proba de concepto" na Sala 1 do Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en horario de 12h a 19h de forma continuada.
09:00 - 13:30
O evento é unha xornada informativa sobre ciberseguridade industrial enmarcada no Laboratorio e Centro de Demostración de Ciberseguridade Industrial, dentro do Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (programa RETECH). Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, PRTR a través de INCIBE.
09:00 - 13:30
Esta xornada nace coa misión de fortalecer a resiliencia do tecido empresarial galego fronte ás ameazas do contorno dixital.
09:30 - 13:30
O Centro GaiásTech, en colaboración co Nodo CIBER.gal, e Grupo Sermicro, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, reúne nun mesmo espazo —presencial e en streaming— aos responsables de planta, directores de operacións, CIOs e técnicos de automatización para abordar o gran desafío da industria conectada: como asegurar a automatización sen frear a innovación
10:00 - 12:45
O vindeiro 16 de abril, Sede da Autoridade Portuaria da Coruña, a Axencia Galega de Innovación organizan unha xornada de presentación das convocatorias en materia de seguridade encadradas no Cluster 3 do Programa Horizonte Europa (HE).